29/10/20 - 20.30 horas
Casa do Saber
A actuación da formación liderada polo ferrolán Manuel Gutiérrez, que estará acompañado de Pacho Charlín ao contrabaixo e de Iago Fernández, na batería, está incluída na programación do Xacobeo 2021

Manuel Gutiérrez Trío, unha formación de música de jazz liderada polo pianista ferrolán Manuel Gutiérrez e da que tamén forma parte Paco Charlín, ao contrabaixo, e Iago Fernández, na batería, ofrecerán este xoves, a partir das 20.30 horas, un concerto no auditorio da Casa do Saber de Lugo.
As entradas para asistir como público a esta actuación, promovida a iniciativa de Tele-Clube ao abeiro da programación cultural do Xacobeo 2021, xa están todas repartidas. O aforo é limitado.