Xoves 30 de xaneiro, ás 19.30 horas
Alumni USC comeza as súas actividades culturais do 2020 coa presentación desta obra
O encontro consistirá nun coloquio entre o autor e os asistentes, moderado por Roberto Almuiña
A obra ten como punto de partida as protestas de mar, un documento público no que os capitáns declaraban sobre os incidentes acaecidos durante navegación. O libro conta a historia da navegación a vela, o medio de transporte habitual do comercio nos mares e portos de Galicia, entre 1748 e 1872.