Ir o contido principal

Festival de Artes Escénicas 'USCénica' 2021

Marta Casais & Benjamín Vázquez en concerto

10.07.2021 | 22.00h

Terraza do Auditorio da Universidade

A recadación do festival será destinada ao Banco de Alimentos de Santiago

Marta Casais
Marta Casais

Marta Casais adéntrase no eido musical formándose nas especialidades de solfexo e piano na Escola de Música de Boiro, onde espertará o seu interese polo jazz. No 2017 conforma xunto ao contrabaixista Miguel Piñeiro o dúo Blue Meets Green, e comeza a explorar este xénero, así como a bossa nova, o blues e o soul, da man de grandes referentes galegos coma Narci Rodríguez e Carmen Rey.

Na actualidade forma parte dun novo proxecto musical compartido co guitarrista Benjamín Vázquez (The Lákazans, Andhrea & The Black Cats, Sabela King & The Heartbreakers, Mallou), no que afondan nas músicas tradicionais americanas, galegas e andaluzas para artellar un repertorio que mestura folclore e sonoridades contemporáneas.

Concertos, representacións teatrais, ou encontros con persoeiros do eido da cultura nutren o programa de USCénica 2021. As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.07.2021.