Ir o contido principal

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

MasterClass Física de Partículas

11.02.2022

Santiago de Compostela

Coloquios e conferencias con científicas promovidas polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) en colabroración co Grupo Internacional de Divulgación da Física e o CERN

MasterClass Física de Partículas
MasterClass Física de Partículas

O IGFAE súmase á celebración do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia coa terceira edición dunha clase de maxistral arredor da física de partículas dirixida a alumnas de bacharelato. 

Os obxectivos da actividade son, por unha banda, poñelas en contacto co traballo das investigadoras do instituto, visibilizando así a labor científica levada a cabo por mulleres e fomentando as vocacións das nenas. Impartiranse unha serie de conferencias introductorias da Física de Partículas actual. Ademais, farase unha práctica por ordenador en grupos con datos reais dun experimento do CERN. Posteriormente, discutiranse os resultados mediante videoconferencia co CERN e outros centros europeos que realicen a xornada simultaneamente.

Ao tempo, a xornada busca pór de manifesto o feito de que moitas mulleres pertencentes a diferentes cultura, país, clase, etnia e condición fixeron grandes aportacións á ciencia dende os espazos que conseguiron ocupar. Cara a ese fin, farase unha pequena charla-coloquio de historias invisibilizadas de mulleres científicas, que supoñen un exemplo de inspiración e superación das diferentes barreiras que estas tiveron (e teñen) que facer frente ó longo da carreira científica.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2022.