Ir o contido principal

Xornada

Matemáticas e lingua

30.11.2022 | 16.30h-18.30h

Santiago de Compostela
Aula Magna

Promovida pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas

Xornada 'Matemáticas e Lingua'
Xornada 'Matemáticas e Lingua'

O mércores 30 a Comisión de Normalización Lingüística  da Facultade de Matemáticas organiza unha xornada divulgativa sobre Matemáticas e Lingua que incluirá un relatorio de Xulio Sousa, investigador do Instituto da Lingua Galega, co título 'Os números na lingua' e un coloquio posterior que moderará Rosa M. Crujeiras e no que participarán Alba Aguete Cajiao, da Universidade de Salamanca; Mercedes Conde Amboage, da USC; Carmen García Mateo, da Universidade de Vigo;  e Vítor Míguez Rego, da Universidade do País Vasco. 

A sesión arrancará ás 16.30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas e a asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.11.2022.