Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Matemáticas: moito máis que números!'

26.07.2021

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Galileo Galilei. Fonte: Pixabay
Galileo Galilei. Fonte: Pixabay

Este curso da Universidade de Verán consiste nunhas xornadas divulgativas e reflexivas sobre o papel das matemáticas ao longo da historia da humanidade. Deliberaremos sobre as características esenciais do pensamento matemático coa intención de aclarar en que se diferencian e que teñen en común as matemáticas con outras ciencias e saberes humanísticos. Tamén cavilaremos sobre as dificultades asociadas á ensinanza e aprendizaxe das matemáticas. 

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 22 horas lectivas, abrangue do 26 ao 28 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) cun crédito ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 60 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 16 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.06.2021.