Ir o contido principal

XIII Encontro RUIGEU

'Medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero no ámbito universitario'

17.09.2020 | 12.00h-13.00h

Encontro organizado polas oficina de igualdade das tres universidades galegas, coa coordinación da oficina de Igualdade de Xénero da USC

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

'Medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero no ámbito universitario' é o título da xornada que pecha o XIII Encontro da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria' (RUIGEU), financiado polo Instituto da Muller e organizado pola USC, UDC e UVIGO. Terá lugar de forma virtual do 15 ao 17 de setembro, a través de Microsoft Teams.

Trátase dun espazo para compartir experiencias e boas prácticas en materia de igualdade no ámbito universitario entre as 52 universidades españolas que integran a rede RUIGEU. Por primeira vez será un encontro virtual, sendo a USC a universidade anfitrioa. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2020.