Ir o contido principal

Seminario

Memorias da consolidación democrática en Portugal, Grecia e España a principios dos anos 80

05.11.2021 | 12.00h

Organizado polo grupo de investigación Hispona, coa participación de Kostis Kornetis

Cartel do seminario
Cartel do seminario

A Facultade de Xeografía e Historia acollerá o venres, 5 de novembro, o seminario 'Memorias da consolidación democrática en Portugal, Grecia e España a principios dos anos 80' organizado polo grupo Hispona ( Historia Política e dos Nacionalismos) do Departamento de Historia da USC.  

O seminario será impartido polo  investigador da Universidad Autónoma de Madrid, Kostis Kornetis, doutor en Historia Contemporánea ( EUI, 2006). Entre 2007 e 2012 foi Visiting Assistant Professor no departamento de historia da Universidade Brown e entre 2012 e 2015 foi Visiting Assistant Professor/ Faculty Fellow no Centro de Estudos Europeos e Mediterraneos da New York University. Entre 2015 e 2018 traballou como investigador postdoutoral CONEX- Marie Curie Experienced Fellow no departamento de Historia e Xeografía da Universidade Carlos III de Madrid. En 2018-19 foi Santander Fellow en Estudos Ibéricos en St Antony’ s College da Universidade de Oxford. No ano 2019-20 impartiu docencia como Teaching Fellow na Universidade de Sheffield e como Lecturer en NYU Londres. Gañou o premio de mellor ensino con novos medios en Brown University (2010), de mellor proxecto dixital para docentes ( Dariah) en Lausanne (2013), e o premio Edmund Keely da Asociación de Estudos Helénicos dos EEUU para a mellor monografía (“ Children of the Dictatorship”, Nova York e Oxford, 2013).

A súa investigación centrouse na historia das ditaduras no sur europeo e os movementos sociais do século XX, especialmente ao redor do 1968 e os ‘longos anos 60’. Así mesmo, publicou reflexións teóricas sobre a historia transnacional, a historia oral e a relación entre historia e cinema. A súa liña de investigación máis recente céntrase na chamada historia do tempo presente e analiza a historia das transicións democráticas en España, Portugal e Grecia e a memoria colectiva construída ao redor delas.

 

Asistencia

A asistencia o seminario é libre sen necesidade de reserva. Tamén poderá seguirse en liña a través de TEAMS.

Esta actividade insírese dentro da liña temática de pescuda do grupo sobre as transicións políticas e a memoria das ditaduras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2021.