Ir o contido principal

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Mesa redonda ‘De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia’

11.02.2021 | 10.00h

En liña

Este evento está organizado pola Rede de Centros Singulares da USC (RCSI), conformada por CiMUS, CiQUS, CiTIUS e IGFAE

Cartel do evento
Cartel do evento

En formato virtual e con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a mesa redonda ‘De nenas a investigadoras: o camiño da ciencia’ busca achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional, co obxectivo de promover vocacións científicas entre as rapazas novas. 

Moderada pola responsable de comunicación do IGFAE, Elena Mora, a mesa de debate contará coa participación de Paula López, directora adxunta do CiTIUS; María Jiménez, investigadora principal do CiQUS; Catarina Allegue Toscano, investigadora posdoutoral do CiMUS; e María José Gómez, investigadora predoutoral do IGFAE.

A participación na xornada é de acceso libre e require inscribirse a través do seguinte formulario web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2021.