Ir o contido principal

Mesa redonda 'Sen cancelas. Memorias do Arco da Vella en Galicia'

14.05.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Filosofía acolle este martes 14 de maio ás 19.00 horas a mesa redonda 'Sen cancelas. Memorias do Arco da Vella en Galicia'. A actividade está organizada polo centro dentro do proxecto Cultura en Mazarelos, financiado pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e nela colabora tamén o Consello da Cultura Galega. Na mesa intervirán o decano de Filosofía, Xavier de Donato; Carme Adán Villamarín, do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega e Daniela Ferrández e Enrique Latorre (comisariado de exposición). A exposición 'Sen Cancelas' pode verse ata o mércores 15 de maio na planta baixa da Facultade de Filosofía. A entrada á mesa redonda é de balde ata completar a capacidade do espazo.

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.05.2024.