Xoves, 5 de marzo, ás 19.00 horas
Os profesores da USC Uxío Otero Urtaza e Vicente Blanco Mosquera tamén intervirán nesta sesión

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo acollerá este xoves 5 de marzo, ás 19.00 horas, no salón de actos do centro, o acto de presentación do libro ‘O latexo dunha aula infantil’, unha obra das mestras e irmáns Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca, publicada por Editorial Galaxia.
Os profesores da Facultade de Formación do Profesorado Uxío Otero Urtaza e Vicente Blanco Mosquera tamén intervirán nesta sesión, que está aberta á participación de todo o público interesado.