Ir o contido principal

Cultura en Mazarelos

Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos

11.05.2023 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A compañía teatral VACAburra representa esta peza no marco do ciclo cultural promovido pola Facultade de Filosofía

Cartel da representacion
Cartel da representación

O xoves día 11 de maio ás 19.00, a Aula 4 da Facultade de Filosofía vira en escenario teatral para a representación da peza 'Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos', da compañía teatral VACAburra, que dirixe a dramaturga Gena Baamonde, con coreografía de Andrea Quintana. A asistencia a este pase, enmarcado no ciclo 'Cultural en Mazarelos, é libre ata completar a capacidade da sala.

'Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos' é unha conferencia performativa onde se mesturan coñecementos teóricos e prácticos a través do humor, tendo como eixo central a disidencia sexo-xenérica na escena. Esta conferencia freak xorde da necesidade de expandir e traducir a linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese de doutoramento sobre a práctica escénica contemporánea: Sexualidades Des-Xeneradas.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2023.