06.06.2022 | 19.00h

Este luns 6 de xuño bota a andar a edición numero doce do ‘Micropol and Ecohazard Conference’, un congreso de referencia internacional centrado no estudo dos microcontaminantes e, en xeral, contaminantes “emerxentes” en auga, xa sexan potables, residuais, ou do medio natural, entre outras. Preto de 300 traballos serán presentados por outros tantos relatores de 41 países. O acto inaugural, presidido polo reitor Antonio López, desenvolverase o luns a partir das 19.00 horas, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.