Ir o contido principal

Festival de artes escénicas 'USCénica 2020'

'Microspectivas dun Marica Millennial', a cargo da compañía de teatro Incendiaria

10.07.2020 | 20.30h

Salón Teatro

O aforo estará reducido seguindo o protocolo de seguridade. O despacho para retirar as entradas permanecerá aberto desde as 19.00 horas

Imaxe do espectáculo. Foto: Incendiaria
Imaxe do espectáculo. Foto: Incendiaria

Esta obra, a cargo da compañía de teatro Incendiaria, terá lugar no Salón Teatro , e o prezo da entrada será de 3 euros. A función comeza ás 20.30 horas e dura 65 minutos.

'Microspectivas dun Marica Millennial' é un espectáculo íntimo e cargado de poesía desde o que cuestionar as certezas impostas que predestinan a construción da identidade. A partir da música e as artes do movemento, ofrece un espazo no que redescubrir as raíces e refundar o presente.

O festival 'USCénica 2020' terá lugar entre o 1 e o 18 de xullo. Esta iniciativa, que se desenvolverá entre a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, o Salón Teatro e a terraza do Auditorio da Universidade, inclúe tanto funcións de teatro coma concertos. A totalidade da recadación do festival irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. A tal efecto, pódese adquirir unha butaca 0 para contribuír a esta axuda sen asistir a ningunha función, facendo un ingreso no nº de conta ES69 0049 1467 29 2010476054 (Banco Santander). 

Dado o aforo reducido, non existe a posibilidade de mercar un abono para todo o festival. Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso a ningún dos espazos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2020.