Ir o contido principal

Miguel Viña abre o ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’

27/09/2023 - 18.00 horas

Sala de Xuntas

O responsable de medicina preventiva, reprodución e xestión de explotacións da ADSG Acivo ofrece este mércores, ás 18.00 horas, un relatorio sobre a súa vida profesional

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada

O veterinario e responsable de medicina preventiva, reprodución e xestión de explotacións de gando caprino e ovino de Galicia da ADSG Acivo, Miguel Viña, ofrece este mércores 27 de setembro, a partir das 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade de Veterinaria do Campus Terra USC, un relatorio sobre a súa traxectoria profesional no marco do ciclo ‘Apaixonad@s pola Veterinaria’.

A charla de apertura da nova edición deste ciclo divulgativo promovido desde a Facultade de Veterinaria da USC para achegar e, no seu caso, conectar ao alumnado con empresas do sector e profesionais en activo, leva por título ‘De estudar Informática a estudar Veterinaria... e traballar con ovellas en Galicia!’.

O acceso a esta sesión, dirixida fundamentalmente ao alumnado, pero aberta á participación de todo o público interesado na temática, e libre e de balde.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2023.