Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

O "mindfulness" ou atención plena é un modelo humanista que nos ofrece unha calidade de presenza, de escoita e de concentración da atención na nosa contorna e en nós mesmos para xestionar o que percibimos en lugar de intervir de modo automático ou reactivo, e será o obxecto deste curso da Universidade de Verán.
Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 14 ao 17 de xuño.
A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.
As prazas están limitadas 90 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 4 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.