Ir o contido principal

Exposición

'A Minerva Compostelá. As súas glorias'

15.10.2021

Evento organizado pola Área de Cultura da USC coa colaboración e apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña

Cartel do evento
Cartel do evento

Dentro do programa ‘Patrimonio Aberto’, inaugúrase o xoves 14, no Colexio de Fonseca, a exposición ‘A Minerva Compostelá. As súas glorias’ que mostra parte da súa historia da institución recreando espazos do pasado que seguen, en certo modo, presentes.

Con esta exposición, comisariada polo profesor emérito José Manuel García Iglesias, a USC mostra parte da súa historia recreando espazos do pasado que seguen, dalgún xeito, presentes. 

A súa antiga biblioteca evócase no denominado Salón Artesoado, cos vinte e dous retratos que a adornaban orixinalmente no ano 1882. A capela é o lugar onde se alude á presenza dos vítores nos contextos universitarios mostrando, a través dunha galería de personaxes ilustres dos séculos XIX e XX, unha parte de quen foron os seus protagonistas. En tanto, na sancristía faise unha presentación do Museo Virtual da USC, mostrado, por outra banda, nas dúas salas a través de códigos QR alusivos ao que alí pode verse. 

A participación do grupo Milladoiro é igualmente salientable, xa que realizou dúas obras –unha para cada sala- concibidas para crear o ambiente axeitado en cada caso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.10.2021.