Organizado pola Rede Galabra

Do 16 ao 17 de marzo, a Sala de Actos a Facultade de Filoloxía da USC acollerá o encontro "Moçambique: perguntas. Sociedade e Cultura", un evento organizado polo grupo Galabra e programado en tres sesións, que contará coa participación de especialistas internacionais como José Luís Cabaço, Nazir Can, Rita Chaves, Fátima Mendonça, Luís Carlos Patraquim e José Pimentel Teixeira.
O encontro ten como obxectivo abordar os que se consideran principais problemas, desafíos e oportunidades do Moçambique actual, tratando cuestións relevantes para o entendemento da sociedade mozambicana, do punto de vista da cultura - entendida como os modos en que as persoas e as comunidades clasifican e interpretan o mundo e como actúan nel.
Desenvolverase en horario de tarde, entre as 16.30 e as 19.30 horas, tanto no día 16 como no seguinte, e tamén de mañá no día 17, das 12 ás 15 horas.
Alén da asistencia ás sesións en modalidade presencial (que dará dereito ao certificado de asistencia), tamén existe a posibilidade de seguir o evento en liña a través da canle de YouTube da USC (accesos á cada unha das sesións nas ligazóns inferiores)
As persoas que queiran solicitar certificado de asistencia, deben manifestar o seu interese escribindo a galabra [at] usc.gal (galabra[at]usc[dot]gal).