Ir o contido principal

Coloquio

'Modelos e claves do servizo doméstico na Península Ibérica, 1750-1950'

05.10.2023-06.10.2023 | 09.15h-12.45h

Non é preciso formalizar unha inscrición previa

Cartel da xornada
Cartel da xornada

Do 5 ao 6 de outubro, na sala BO3 da Facultade de Filoloxía, desenvolverase o coloquio 'Modelos e claves do servizo doméstico na Península Ibérica, 1750-1950'. O encontro científico está coordinado polo profesor Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna na USC, e financiado polo Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921), mais tamén conta coa colaboración do proxecto nacional 'A transformación da estrutura ocupacional en España, 1860-1970' (PID2021-123863NB-C22 /AEI/10.13039/501100011033/ FEDER, UE).

O coloquio está aberto a toda a comunidade investigadora. A matrícula será de balde e non é preciso formalizar unha inscrición previa. Con todo, para obter o diploma de asistencia será preciso asistir a todas as sesións e asinar nas pertinentes follas de control. A actividade está recoñecida pola CAPD de Historia, xeografía e historia da arte con 14 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2023.