Estes seminarios teñen a intención de dar visibilidade aos grupos de investigación que desenvolven proxectos relacionados coa pandemia de SARS-CoV-2

'Para qué sirve a ciencia que non sirve para nada? O noso modesto exemplo na loita contra a pandemia de SARS-CoV-2', impartida por José M. Martínez Costas, profesor de Bioquímica na USC; e 'COVIDBENS: Monitorizando a epidemia na depuradora de Bens', impartida por Margarita Poza, investigadora do Grupo de Microbioloxía INIBIC-CHUAC e profesora Asociada de Microbioloxía na UDC, son as charlas do segundo día de 'Encontros sobre SARS-CoV-2 na Facultade de Bioloxía'.
Esta actividade organizada pola Facultade de Bioloxía, está especialmente dirixida a estudantes da Facultade de Bioloxía e concretamente aos do grao en Biotecnoloxía, que poderán asistir presencialmente ás conferencias na Aula Magna. Tamén poderá acceder as conferencias calquera membro da comunidade universitaria que o desexe mediante a ferramenta Microsoft Teams na seguinte ligazón.