Ir o contido principal

Orientación laboral

Módulo para o fomento da empregabilidade para os Graos en Química e Enxeñería Química

02.02.2021

Videoconferencia en Microsoft Teams

Actividade organizada pola Área de Orientación Laboral e Emprego da USC en colaboración coa Facultade de Química e a ETSE

Programa do módulo
Programa do módulo

A Área de Orientación Laboral e Emprego da USC pon en marcha este módulo para profundar na adquisición de competencias transversais que permitan ao alumnado desenvolver o seu talento. 

O módulo terá lugar entre o 2 de febreiro e o 2 de marzo, cunha duración de 25 horas (19 teórcas e 6 prácticas). Ao finalizar os obradoiros as persoas participantes deberán elaborar e presentar un CV, unha carta de presentación e o enlace do seu perfil Linkedin.

A actividade, cuxa matrícula ten un custo de 10€, está recoñecida con 1 crédito ECTS para o alumnado matriculado en 4º curso dos Graos en Química e Enxeñería Química. Inscríbete nesta ligazón ou solicita máis información en orientacion.laboral.santiago [at] usc.gal (orientacion[dot]laboral[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou no teléfono 881 81 28 50.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.01.2021.