Pequenos e grandes relatos nas coleccións da Catedral de Santiago de Compostela

Os vindeiros xoves 19 e 26 de outubro terá lugar o ciclo de conferencias 'Pequenos e grandes relatos nas coleccións da Catedral de Santiago de Compostela', organizado mediante unha colaboración entre a Fundación Catedral de Santiago e o Grupo de Investigación Iacobus (Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural) da Universidade de Santiago de Compostela. Esta iniciativa está enmarcada dentro dos 'Monográficos Iacobus', cursos e seminarios que se veñen desenvolvendo en torno a diferentes temas que tratan a arte o patrimonio cultural galegos dende múltiples perspectivas, sendo neste caso as protagonistas as obras das coleccións da Catedral de Santiago. Un dos grandes atractivos desta actividade será o seu emprazamento, xa que ambas sesións transcorrerán na cripta da Catedral.
No ciclo intervirán Ramón Yzquierdo Peiró, director do Museo da Catedral, e os profesores e investigadores do grupo Iacobus Mª Dolores Barral Rivadulla, David Chao Castro, Marta Cendón Fernández, Begoña Fernández Rodríguez, Israel Sanmartín Barros, Ana Pérez Varela, Mª Dolores Fraga Sampedro, Mónica Rey Cabezudo, Miriam Elena López Cortés, Juan Manuel Monterroso Montero e José Manuel García Iglesias.
Ademais das conferencias que explicarán diversas obras da Catedral —tanto espazos arquitectónicos, pinturas, esculturas, pezas de ourivería ou libros—, o ciclo inclúe unha visita diaria ás obras explicadas, acompañados dos relatores, que terán a oportunidade de comentar cos asistentes as dúbidas e explicacións diante das propias obras.
Para máis información: relatoscatedral [at] gmail.com (relatoscatedral[at]gmail[dot]com)