Ir o contido principal

Monólogo cómico de Evaristo Calvo: 'A ver que pasa'

12.11.2024 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O actor-autor Evaristo Calvo protagoniza o monólogo cómico 'A ver que pasa' o martes 12 de novembro a partir das 18.00 horas na Facultade de Filosofía. Trátase dunha produción teatral de Producións Excéntricas e a entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.

Evaristo Calvo, integrante do dúo teatral Mofa&Befa, é un director de teatro e actor nacido na Coruña en 1961. A súa carreira como actor no mundo do teatro e do cinema e moi prolífica. Comezou a súa actividade interpretativa a mediados dos 70 no teatro afeccionado coruñés, participando posteriormente en numerosos grupos. O dúo Mofa e Befa con Victor L. Mosqueira foi o que lle deu maior fama. No cine e televisión de Galicia participa desde finais dos 80 en numerosos proxectos. A fins dos 90 colabora na serie de ficción 'Manos a la obra' para Antena 3 Televisión. En cine realizou papeis variados tanto en curtas como en longametraxes. É Premio AGAPI ’96 ao mellor actor co tándem Mofa e Befa (con Víctor Mosqueira) por 'A gran liquidación'. 

Esta representación está financiada coa axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, ao abeiro da convocatoria de axudas destinadas ao desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e deportiva de 2024.

Cartel do monólogo
Cartel do monólogo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2024.