Ir o contido principal

Monólogos veterinarios

15/03/22 - 20.00 horas

Eva Cabanelas, David García e Uxía Yáñez darán conta das súas respectivas liñas de investigación nunha sesión divulgativa promovida polas comisións de normalización lingüística da USC que se desenvolverá o 15 de marzo, ás 20.00 horas, no auditorio de Veterinaria

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC súmase á divulgación científica a través do ciclo ‘Monólogos veterinarios’, unha iniciativa promovida polas comisións de normalización lingüística da USC que se desenvolverá o vindeiro 15 de marzo, a partir das 20.00 horas, no auditorio do centro universitario lugués, e na que participarán como relatores Eva Cabanelas, David García e Uxía Yáñez.

O ciclo ‘Monólogos veterinarios’, de acceso libre e de balde para, permitirá ao público asistentes achegarse a algunhas das liñas de investigación nas que se está a traballar no centro universitario. Daquela, Eva Cabanelas Dopazo presentará neste foro, no que a ciencia se mestura co humor, o monólogo ‘Unha Tese para gobernalos a todos’. De seguido, David García Dios achegarase á saúde dos ruminantes coa charla ‘Intrusos na panza’. A tamén egresada da Facultade de Veterinaria de Lugo Uxía Yáñez Ramil pechará a sesión co relato ‘Máis aló dunha cunca de leite’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.03.2022.