Organizada polo grupo Histagra, a presentación contará coas intervencións de Lourenzo Fernández Prieto e Santiago Macías

O luns 7 de febreiro ás 19 horas terá lugar a presentación do volume El Monte o la muerte. Manuel Girón y la primera guerrilla antifranquista de la posguerra' obra do escritor leonés Santiago Macías.
Santiago Macías (Ponferrada, 1972) é un escritor, articulista e tertuliano, colaborador en medios de comunicación de prensa, radio e Televisión, e un dos fundadores da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), da que foi vicepresidente 11 anos. Autor de varios traballos sobre a violencia franquista entre eles o coñecido, Las fosas de Franco: los republicanos que el dictador dejó en la cuneta; e varios sobre o tema da loita guerrilleira, entre eles El monte o la muerte que agora se reedita
Na presentación do volume, na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia, estará acompañado polo catedrático de Historia Contemporánea da USC, e IP de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto.