Morgane de Lafforest ao violonchelo e Javier López Jorge ao piano ofrecen este martes 3 de marzo no Paraninfo da Universidade un concerto que dará comezo ás 20.30 horas. Os artistas interpretarán pezas de J. S. Bach, R. Schumann e J. Brahms.

A violonchelista francesa Morgane de Lafforest estudou no Conservatorio Nacional de Lyon, onde obtivo o seu Máster en Interpretación con matrícula de honra. Fascinada pola música húngara, Morgane continúa a súa formación musical na Academia Liszt Ferenc de Budapest e no Instituto Kodály de Kecskemét. Aceptou a bolsa Bacon-Erdei 2016/2017 que lle ofreceu a oportunidade de tocar o repertorio de violonchelo húngaro. Eloxiada pola súa presenza nos escenarios, así como pola sensibilidade da súas actuacións, Morgane foi invitada previamente a actuar en varios festivais e salas de concertos europeos como solista, músico de cámara e orquestra. Desexando transmitir a súa paixón a outros, Morgane ensina violonchelo e música de cámara en escolas de música e clases maxistrais, ademais de crear proxectos transdisciplinares exitosos que integran danza, comida, improvisación e artes gráficas.
Pola súa parte, Javier López Jorge naceu en Santiago de Compostela en 1988 e comeza os seus estudos de piano á idade de oito anos cos profesores Sonia Rohrer, Marina Shamagian, Ofelia Aznaurova e Alexander Gold Makarov. En 2006 accede ao grao superior de música no Conservatorio Superior de Salamanca graduándose con Matrícula de Honra en 2010. Dende 2014 atópase estudando o doutoramento en Interpretación na Escola de Doutorado da Academia de Música Liszt Ferenc de Budapest baixo a titorización dos profesores András Kemenes, Rita Wagner e Péter Nagy.