Ir o contido principal

Presentación de informe

'Mortalidade empresarial en Galicia, 1972-2008. Factores de impacto e xestión do risco'

27.10.2020 | 17.00h

Evento organizado pola Fundación Inade en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

Cartel da presentación
Cartel da presentación

En 2018 a Fundación Inade encargou ao grupo de investigación GESPIC, do Departamento de Economía Aplicada da USC, a elaboración dun estudo que revelase as causas de mortalidade empresarial en Galicia e a influencia da mala xestión dos riscos na mesma, froito do cal nace o informe titulado 'Mortalidade empresarial en Galicia, 1972-2008. Factores de impacto e xestión do risco'.

O acto celebrarase con aforo reducido e será retransmitido en directo na canle de YouTube da Fundación Inade. A ceremonia estará presidida polo reitor da USC, Antonio López, ao que acompañarán o secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia, Juan José Gallego Fouz; o vicepresidente da Fundación AXA, Luis Sáez de Jáuregui; e o presidente da Fundación Inade, José Ramón Santamaría Barreiro.

Tras a presentación do estudo terá lugar a mesa redonda 'A falta de xestión de riscos como causa da mortalidade empresarial galega', a cargo do director da investigación, Xoán Carmona Badía. Participarán como ponentes: Ana Alonso Alonso, vicedirectora xeral de CITIC HIC Gándara Censa; Adrián Dios Vicente, investigador e coautor do estudo; e Beatriz García González-Aparicio, directora Vigo Willis Towers Watson; moderados por Adolfo Campos Carballo, director de Fundación Inade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2020.