Ir o contido principal

Encontro en liña

Mostra 'Préndete da economía social 2021'

27.10.2021 | 11.30h

En liña

Esta iniciativa enmárcase no programa de actuación 2021 da Rede Eusumo, impulsada pola Dirección Xeral Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia e financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social

Cartel do evento
Cartel do evento

A mostra virtual 'Préndete da economía social 2021' achega a economía social á USC e a aquelas persoas interesadas en formarse e emprender. 

A mostra celebrarase en formato online e acollerá diversas actividades ao longo da xornada como a difusión e divulgación dun panel de empresas de economía social cunha traxectoria de éxito no eido empresarial galego, coma Bico de Grao S. Coop. Galega, Cestola S. Coop. Galega, Anainas S. Coop. Galega,...

Así mesmo, impartiranse charlas sobre tendencias sectoriais e de xestión e oportunidades de negocio emerxentes e habilitarase un espazo de showrooms ás 17.00 horas para dar a coñecer novos proxectos emprendedores, coa participación de Marma Ideas, Mareira Bizi, O Taller e O Galpón Lab.

Para poder asistir, ben sexa a unha ou varias actividades da mostra, é preciso inscribirse a través desta ligazón ou enviar unha mensaxe a proxectoeusumo.usc [at] gmail.com (proxectoeusumo[dot]usc[at]gmail[dot]com).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2021.