Ir o contido principal

V Xornada

Mulleres na Ciencia

Martes 11 de febreiro, ás 16.00 horas

A V Xornada Mulleres na Ciencia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Comunicación a partir das 16.00 horas. A xornalista Iolanda Casal moderará unha mesa redonda integrada por Pablo Francescutti da Universidad Rey Juan Carlos, Leonor Parcero de DivulgAcción, e Tamara Montero da asociación Xornalistas Galegas

Cartel da xornada
Cartel da xornada

O foro servirá para debater sobre a visibilidade das mulleres científicas e no marco do mesmo, desenvolverase a Asemblea Xeral Ordinaria de Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal). A inscrición para esta xornada pode realizarse premendo nesta ligazón ata o día 10 de febreiro. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2020.