Ir o contido principal

Ciclo Pasados Incómodos

'Os múltiples rostros da revolución. Os comités madrileños no outono-inverno de 1936'

30.03.2023 | 12.00h

Santiago de Compostela
Aula 8

O historiador Fernando Jiménez Herrera imparte esta conferencia que promove o grupo HISTAGRA

Conferencia de Fernando Jiménez Herrera promovida polo grupo Histagra
Conferencia de Fernando Jiménez Herrera promovida polo grupo Histagra

O grupo de investigación HISTRAGRA programa o xoves 30 de marzo unha nova conferencia do Ciclo Pasados Incómodos. Desta volta será o historiador Fernando Jiménez Herrera o convidado a tomar parte nesta serie de conferencias, na que intervirá co relatorio 'Os múltiples rostros da revolución. Os comités madrileños no outono-inverno de 1936', que afonda na violencia na Guerra Civil a partir dos asasinatos dos comités revolucionarios xurdidos nos primeiros meses do golpe de Estado.

O encontro terá lugar o ás 12.00 horas na Aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia con acceso libre ata completar capacidade. Tamén poderá seguirse a través de MS TEAMS.

Sobre o autor

Fernando Jiménez Herrera (Toledo, 1989) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid (UCM, 2017). É licenciado en Historia (UCM, 2012) e posúe o Máster Interuniversitario de Historia Contemporánea (UCM, 2013) e o Máster de Formación do Profesorado en ESO e Bacharelato (Universidade Europea de Madrid, 2015). É membro de diversos proxectos de investigación financiados polo Goberno de España dentro desta universidade. Exerceu como investigador Posdoutoral na UCM. As súas liñas de investigación céntranse no estudo da violencia, os procesos revolucionarios, a mobilización obreira, a educación a historia local, a historia social, a historia comparada e a microhistoria. Actualmente, exerce como Persoal de Apoio á Investigación na UCM.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.03.2023.