Ir o contido principal

Faíscas Culturais

'O mundo dos Felices Anos Vinte. Unha perspectiva dende Galiza'

29.11.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela
Vestíbulo

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos con aulas abertas e sesións que profundan no labor e a pegada da institución

A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG
A segunda edición do programa Faíscas Culturais conmemora o centenario do SEG

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Baixo o título 'Saber de Nós. Olladas no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos', a segunda edición no programa afonda no labor e a pegada do SEG en aulas abertas e conversas que percorrren varios dos centros da USC e se complementan cunha exposición itinerante coordinada por Henrique Monteagudo. 

Adrián Dios e Xoán Carmona conducen a sesión 'O mundo dos Felices Anos Vinte. Unha perspectiva dende Galiza', unha aula aberta que se desenvolverá o 29 de novembro ás 12.30 horas no vestíbulo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.09.2023.