Ir o contido principal

Xornada

Municipios e Competencia

08.06.2022 | 10.30h-15.00h

Santiago de Compostela

A xornada realízase ao abeiro do proxecto homónimo que a CNMC desenvolve en colaboración con autoridades autonómicas de competencia para mellorar a calidade da regulación e a intervención municipal

Cartel da xornada
Cartel da xornada

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e a Comisión Galega da Competencia (CGC) organizan o 8 de xuño na Facultade de Dereito da USC unha xornada na que representantes da administración e outros axentes implicados debaterán sobre os retos das prórrogas de concesións para a competencia e a regulación. 

A xornada, ao abeiro do proxecto Municipios e competencia, comezará ás 10.30 horas e poderá seguirse en liña. 

O evento será presidido por Antonio López, reitor da USC, e contará coas intervencións de Cani Fernández Vicién, presidenta da CNMC; Ignacio López-Chaves Castro, presidente de la CGC omisión Galega da Competencia; Joaquín López Vallés, director da Área de Promoción da Competencia (CNMC); Natalia Prieto Viso, directora xeral de Administración Local (Xunta de Galicia); Judith Flórez Paredes, directora xeral de Servizos Xurídicos e Coordinación Territorial (FEMP); Francisco Hernández Rodríguez, profesor titular Dereito Mercantil (USC); Daniel Neira Barral, vogal da CGC; Tomás Otero Ferreiro, presidente do Tribunal administrativo de Contratación Pública: Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa; Alberto Pensado Seijas, técnico superior da Administración Local (Concello de Marín); Simón Rego Villar, conselleiro da Área de Corporacións Locais (Consello de Contas de Galicia); Luis Míguez Macho. catedrático de Dereito Administrativo na USC;  Maria Pilar Canedo Arrillaga, conselleira do CNMC; e M.ª Teresa Cancelo Márquez, vogal da CGC. 

A ligazón para seguir a xornada estará dispoñible na canle de YouTube da CNMC o 8 de xuño. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2022.