O proxecto Nanoculture está impulsado polo Grupo de ElementosTraza, Espectroscopia e Especiación da USC

O obxectivo de Nanoculture é mitigar os riscos das nanopartículas incorporadas a productos de consumo para o territorio e consumidor, dado que moitas veces estas rematan en auga doce ou no mar, e a industria da acuicultura ten gran relevancia económica na área Atlántica.
Este seminario web ten por obxectivo presentar o proxecto Nanoculture, os seus obxectivos científicos, as tecnoloxías coas que conta e as entidades involucradas. Tamén pretende establecer sinerxias con grupos de interese, presentando e discutindo os achados relevantes, estimulando a transferencia do coñecementos e tecnoloxías desenvolvidos co proxecto.
A duración aproximada do evento será de 60 minutos. Podes inscribirte nesta ligazón.