Esta videoconferencia poderá seguirse a través dunha ligazón aberta ao público e habilitada para ser compartida na plataforma Microsoft Teams

A nanotecnoloxía aplicada ao desenvolvemento de novas vacinas contra o coronavirus será o tema abordado nesta conferencia por Maria José Alonso, do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da USC. Poderase acceder á conferencia o luns 25 de maio, a partir das 18.00 horas, facendo click aquí.
Ao remate da intervención terá lugar un foro de debate virtual no que as persoas rexistradas como público poderán formular as preguntas que estimen oportuno.
Esta iniciativa forma parte do ciclo de videoconferencias que promove o Campus da Cidadanía da USC, no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas.