Ir o contido principal

National Erasmus Games

24.03.2023-26.03.2023 | 16.30h-14.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos
Varias localizacións

Máis de trescentos estudantes internacionais participan nesta competición deportiva que inclúe fútbol sala, baloncesto 3x3, voleibol e atletismo

National Erasmus Games 2023
National Erasmus Games 2023

Do 24 ao 26 de marzo, Santiago de Compostela convértese en sede dos National Erasmus Games, unha competición deportiva dirixida ao estudantado internacional da contorna estatal e ao voluntariado das diferentes asociacións que integran a Erasmus Student Network en España. 

A Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago e a Deputación da Coruña colaboran na organización  deste encontro que reunirá na cidade máis de 300 participantes en catro disciplinas deportivas: fútbol sala, baloncesto 3x3, voleibol e atletismo. 

O acto de inauguración dos xogos terá lugar o venres 24 de marzo ás 16.30 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca e contará coa representación de todas as entidades participantes. O programa de competicións arranca o sábado 25 ás 9.00 horas en distintos emprazamentos da cidade como a pista de atletismo da USC, os pavillóns municipais de Santa Isabel, Pío XII e Pontepedriña, o pavillón do Colexio Plurilingüe Cluny e os dos IES Quiroga Palacios e Eduardo Pondal. 

O acceso aos encontros das diferentes disciplinas é libre ata completar  capacidade. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2023.