Ir o contido principal

Seminarios Histagra

A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo

Histagra e o CISPAC organizan este encontro co doutor e investigador do medio ambiente, Marco Armieiro

Marco Armiero impartirá este seminario organizado por Histagra e CISPAC.
Marco Armiero impartirá este seminario organizado por Histagra e CISPAC.

O seminario 'A natureza de Mussolini. Unha historia ambiental do fascismo', que organizan o grupo Histagra e CiSPAC, desenvolverase o xoves día 16 de febreiro ás 12.00 horas, na sede do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais, no  Edificio Fontán da Cidade da Cultura.  O doutor e investigador do medio ambiente, Marco Armiero conduce este encontro aberto á comunidade universitaria que tamén pode seguirse a través de MS TEAMS.

Sobre o relator

Marco Armiero (doutor en Historia Económica) é historiador do medio ambiente e traballa na actualidade como investigador principal no Consello Nacional de Investigación de Italia. Foi un dos fundadores do campo da historia ambiental nese país e coautor, xunto con Stefania Barca, do primeiro libro de texto italiano sobre o tema, Storia dell'Ambiente. Unha Introduzione (2004). Os seus principais temas de estudo son a historia dos conflitos ambientais ao redor dos dereitos de propiedade e o acceso aos recursos comúns (bosques e mar), a política da natureza e a paisaxe na construción da nación italiana e a historia ambiental das migracións masivas. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2023.