Carme Sanz Ayán, da Universidade Complutense de Madrid, imparte este relatorio na Facultade de Xeografía e Historia

O mércores 19 de abril de 2023, de 11.00 a 13.00 horas, haberá unha nova sesión dos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) da USC, que coordina a profesora María del Carmen Saavedra Vázquez.
Nesta ocasión, Carmen Sanz Ayán, investigadora da Universidade Complutense de Madrid, impartirá a conferencia 'Necesidade e poder dos "homes de negocios" nos séculos XVI e XVII'. A actividade terá lugar na aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia con acceso libre para toda a comunidade universitaria.
Entregarase diploma de asistencia ao estudantado de doutoramento e de mestrado que asista.
Máis información na web do Grupo de Investigación Historia Moderna da USC.