Ir o contido principal

Congreso Internacional

'Negociación Colectiva e Economía de Plataformas'

10.06.2021-11.06.2021

Presencial/ en liña

Este Congreso constitúe a clausura do Proxecto de Investigación COGENS, cofinanciado pola Unión Europea, e liderado por José María Miranda Boto, Wirtschaftsuniversität de Viena e a consultora francesa Astrées

Cartel do evento
Cartel do evento

Os días 10 e 11 de xuño a Facultade de Dereitoacollerá o Congreso Internacional 'Negociación Colectiva e Economía de Plataformas',  dirixido por José María Miranda Boto, profesor desta Facultade. O evento combina as sesión presenciais con intervencións en liña e contará con tradución simultánea inglés/español.

O Congreso será inaugurado por Antonio López, reitor da USC e clausurado por María Emilia Casas Baamonde, doutora Honoris Causa pola USC, e contará coa intervención de investigadores e de axentes sociais de máis de 17 países. 

O obxectivo do proxecto do cal este congreso é clausura, é explorar se os convenios colectivos poderían ofrecer os medios para garantir algún tipo de protección laboral para as persoas que traballan na economía de plataformas. Os paneis do congreso abarcan os piares da regulación a través da interpretación de marcos legais xa existentes, a regulación de lege ferenda e o estudo de convenios reais, como os traballos exploratorios nesta materia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2021.