Ir o contido principal

'Novafrigsa- Presente e futuro', a cargo de Beatriz Quijano e Javier Prieto

05.02.2025 | 10.30h-11.30h
O acto terá lugar en ADE
O acto terá lugar en ADE

O próximo mércores día 5, de 10.30 a 11.30 horas, terá lugar na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo (Aula 3) a charla 'Novafrigsa- Presente e futuro'. O relatorio correrá a cargo de Beatriz Quijano, responsable de márketing e exportación, e Javier Prieto, director de produción e compras de Novafrigsa. Trátase dunha charla especialmente dirixida a estudantado de 3º e 4º  dos graos en ADE e Empresa e Tecnoloxía, pero aberta ao conxunto do estudantado.

Beatriz Quijano é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e Investigación e Técnicas de Mercados por ICADE. Leva máis de dez anos traballando en empresas como Pepsico, Campofrío ou Coren Novafrigsa, sempre vinculada aos departamentos de márketing e comercial. Durante a súa traxectoria profesional, desenvolveu proxectos de construción de arquitectura de marcas, xestión por categorías, desenvolvemento de produtos, márketing en punto de venda e vendas.

Javier Prieto é egresado da USC e desenvolveu a súa traxectoria no eido da auditoría de contas, uníndose no ano 2020 a Coren Novafrigsa onde desenvolve proxectos relacionados coa contabilidade de custos, control de xestión e mellora de procesos. A súa evolución dentro da organización levouno a liderar, inicialmente o departamento de compras en vivo e, recentemente, a área de produción.
 

Cartel do relatorio
Cartel do relatorio
Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2025.