13.03.2020 | 20.30h
Paraninfo
Organizado pola USC e a Asociación Compostela Sound, este ciclo ten como finalidade a promoción de novos músicos galegos, residentes en Galicia ou estudantes de Centros de Música Galegos. O Ciclo está destinado a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara.

O venres 13 será a quenda de Andrés Fernández de Mera de la Peña ao violín, Daniel Carmona, pianista acompañante; Xoel Agustin López Méndez, clarinete; e Brais González, pianista acompañante.