16.03.2020 | 23.00h
Sala da Real Sociedade Económica de Amigos do País
Organizado pola USC e a Asociación Compostela Sound, este ciclo ten como finalidade a promoción de novos músicos galegos, residentes en Galicia ou estudantes de Centros de Música Galegos. O Ciclo está destinado a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara.

Uxía Gómez Medal, violín; Haruna Takebe, pianista acompañante; Esteban García Vidal, fagot; e Ricardo Blanco, pianista acompañante serán os artistas que participen o luns 16.