19.02.2020 | 19.00h
O reitor Antonio López preside este mércores 19, a partir das 19.00 horas, na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, a presentación de ‘La Gran Obra de los Caminos de Santiago-Iter Stellarum’.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo; Lois Celeiro Álvarez, vicepresidente da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago; Francisco Rodríguez Iglesias, editor da obra; Gumersindo Guinarte, concelleiro de Turismo do Concello de Santiago; e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, ex conselleiro da Xunta, tomarán parte nun acto que servirá para render homenaxe ao coordinador dos 18 volumes que integran a obra Segundo Vázquez Portomeñe.