A instalación universitaria acubillará algunhas das sesións da actividade permacultural programada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para os días 7 e 8 de maio na contorna do río Rato e no terreo de prácticas do Campus Terra

A finca de prácticas de que dispón a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a USC no barrio lugués de Sanfiz acubillará algunhas das accións prácticas programadas pola Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo no marco do obradoiro de permacultura e agricultura rexenerativa que se desenvolverá o sábado día 7 e o domingo 8 de maio.
Este obradoiro, cuxas sesión se desenvolverán en quenda de 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.00 horas, está dirixido fundamentalmente a persoas que traballan na agricultura e admite un máximo de 12 participantes. A temática das diferentes sesións formativas e seus coñecementos sobre planificación e deseño de parcelas a fin de acadar un uso eficiente e rexenerativo do solo na produción de alimentos. A elaboración de biofertilizantes como o bocashi, que se obtén da descomposición de residuos vexetais e animais a partir da acción de diferentes microorganismos, será outra das cuestións que se traten no marco deste programa.
A subdirectora da EPS de Enxeñaría do Campus Terra, Rosa Romero, e o coordinador do grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria da USC, Santiago Lamosa, participaron no acto de presentación desta actividade, para a que se mantén aberta a inscrición a través do enderezo de correo electrónico lugardereque [at] deputaciondelugo.org (lugardereque[at]deputaciondelugo[dot]org).