Ir o contido principal

Obradoiro de arqueoloxía experimental 'Cociñando na Saturnalia'

23/12/2021 - 12.00 horas

Lugo
Domus do Mitreo

A Domus do Mitreo celebra este xoves o obradoiro de arqueoloxía experimental 'Cociñando na Saturnalia', unha actividade que permitirá ao público máis cativo replicar algunha das receitas gastronómicas coas que os romanos festexaban o final da tempada de outono. O domingo 26 haberá unha segunda sesión deste obradoiro.

Programa de Nadal na Domus do Mitreo
Programa de Nadal na Domus do Mitreo

O Museo Universitario A Domus do Mitreo inclúe no seu programa de Nadal a celebración de dous talleres de arqueoloxía experimental, a través dos que se pretende achegar ao público máis novo á festa da Saturnalia, unha celebración coa que os romanos festexaban o fin da tempada de outono.

O primeiro dos obradoiros ‘Cociñando na Saturnalia’ celebrarase o este xoves 23 e haberá unha segunda quenda o luns 26 de decembro, a partir das 12.00 horas. No marco desta actividade, as persoas inscritas poderán achegarse á riqueza arqueolóxica que acubilla o xacemento mitraico lugués, ao tempo que poderán elaborar unha receita da gastronomía romana características da etapa do final de outono.

Trátase dunha actividade de carácter gratuíto para todo o público interesado, que deberá pagar a entrada ao museo e reservar praza con antelación a través do número de teléfono 610 323 926.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2021.