Ir o contido principal

Obradoiro ‘Cognición social e axencia colectiva’

18.07.2025 | 10.00h
O encontro desenvolverase na Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
O encontro desenvolverase na Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

Especialistas internacionais reflexionarán sobre os procesos cognitivos compartidos e a acción colectiva arredor do obradoiro ‘Cognición social e axencia colectiva’. O encontro desenvolverase o vindeiro venres 18 na Facultade de Filosofía entre as 10.00 e as 17.00 horas, aínda que tamén se poderá seguir en liña a través de Teams.

A xornada está organizada e coordinada por Xavier de Donato e enmárcase na liña de investigación do grupo ‘Discourse & Identity’ cuxa finalidade é promover a análise interdisciplinar e o intercambio académico sobre temas clave como a percepción social, a cooperación, a responsabilidade colectiva e a identidade compartida.

No encontro intervirán Sophie Keeling, docente na UNED especializada en filosofía da mente, epistemoloxía social e procesos de cognición colectiva; ou Kenneth Silver, do Trinity College Dublin, investigador centrado en filosofía da acción, responsabilidade moral e axencia colectiva, as súas publicacións exploran como se articulan as decisións e accións cando son realizadas en grupo, así como os dilemas éticos que xorden.

Así mesmo, participarán Javier González de Prado, filósofo e profesor na UNED experto en teorías da mente social e percepción compartida, cuxa liña de investigación se orienta á intersección entre fenomenoloxía, teoría da mente e cognición social, destacando o papel da empatía e a interacción; e Dorna Behdadi, Investigadora na Umeå University (Suecia), especializada en epistemoloxía social e filosofía política, cuxo traballo se centra nos mecanismos de cooperación e confianza en contextos democráticos, así como nas estruturas de axencia colectiva en movementos sociais.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.07.2025.