Ir o contido principal

O Verán na Domus

Obradoiro 'Culina! Unha cociña na Domus'

Sábado, 4 de xullo, ás 11.30 horas

Lugo
Museo Universitario A Domus do Mitreo

O Museo Universitario A Domus do Mitreo achégase este sábado aos segredos da cociña na antiga Roma cun obradoiro didáctico orientado ao público familiar e que se desenvolverá todos os sábados de xullo e agosto

Xacemento arqueolóxico do Museo Universitario A Domus do Mitreo
Xacemento arqueolóxico do Museo Universitario A Domus do Mitreo

A programación especial de verán do Museo Universitario A Domus do Mitreo comeza este sábado, a partir das 11.30 horas, coa celebración do obradoiro ‘Culina! Unha cociña na Domus’, unha actividade orientada á participación do público familiar e a través da que o público participante poderá achegarse ou, no seu caso, afondar no coñecemento dos segredos da cociña na antiga Roma.

O obradoiro, estruturado nunha visita guiada ao xacemento que acubilla o Museo Universitario A Domus do Mitreo, seguido dunha actividade de arqueoloxía experimental, permitirá ao público participante facer un percorrido pola historia que servirá tamén para aproximarse á sociedade, a alimentación e a cultura material da antiga Roma.
 
A actividade, que ten unha duración aproximada de 35 minutos, inclúe o percorrido polo xacemento arqueolóxico e demais salas expositivas que conforman o Museo Universitario A Domus do Mitreo, seguido dunha experiencia didáctica, é de carácter gratuíto para o público interesado, xa que está incluída no prezo da entrada.

As persoas interesadas en tomar parte neste programa específico que se desenvolverá as mañás de todos os sábados dos meses de xullo e agosto, a partir das 11.30 horas, deberán formalizar a súa reserva previa a través do número de teléfono móbil  610 323 926 ou ben no enderezo de correo electrónico mitreo.lugo [at] galipat.es (mitreo[dot]lugo[at]galipat[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2020.