Xoves, 26 de decembro de 2019, ás 12.00
Museo Universitario A Domus do Mitreo (Lugo)

O Museo Universitario A Domus do Mitreo abrirá o vindeiro xoves 26 de decembro o programa de actividades ‘O Nadal na Domus’ cun obradoiro experimental ‘Cociñando na Saturnalia!’, unha acción, que se repetirá ao día seguinte e está dirixida á participación de familias con nenos e nenas de máis de 6 anos e para a que se ofrece inscrición gratuíta a través do enderezo de correo electrónico mitreo.lugo [at] galipat.es (mitreo[dot]lugo[at]galipat[dot]es).