Dereito impulsa este actividade impartida por Martín Ramos Ínsua do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

O Obradoiro de Linguaxe e Redacción Xurídica I mantén aberto o seu prazo de inscrición ata o vindeiro venres 14 de febreiro. A Facultade de Dereito impulsa este actividade que será impartida por Martín Ramos Ínsua do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. Esta iniciativa, que está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística do centro, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, busca darlles formación específica aos estudantes de Dereito verbo do seu tecnolecto en galego, ligándoa cos procesos de modernización e democratización.
Familiarizarse coas peculiaridades morfolóxicas e sintácticas do galego xurídico; dominar a terminoloxía básica do dereito en galego; profundar no proceso de modernización estilística da linguaxe xurídica; asentar un modelo de linguaxe xurídica galega de calidade; coñecer os diversos tipos de documentos, modernizados; ou afondar nos criterios da aplicación de recursos ortotipográficos, son algúns dos obxectivos que persegue este taller.
O obradoiro desenvolverase os días 19-20, 26-27 de febreiro, 4-5 e 11 de marzo, en horario de 18.00 a 21.00 horas, na Aula 17 da Facultade de Dereito. O curso ten recoñecido 1 ECTS para o alumnado do grao, por recoñecemento de competencias transversais. Ademais, ás persoas que asistan con regularidade, outorgaráselles un diploma de asistencia por 30 horas. A inscrición pode formalizarse a través desta ligazón.