Ir o contido principal

Obradoiro de percusión tradicional e utilidades educativas

23/4/2024 - 10.00 horas

A musicoterapeuta e educadora en igualdade Ana Fernández impartirá as sesión presenciais desta actividade sociocultural os días 23 e 30 de abril e o 6 e o 13 de maio na Aula de Música de Formación do Profesorado. A inscrición está aberta en liña

Imaxe do cartel do obradoiro
Imaxe do cartel do obradoiro

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC organiza un obradoiro de percusión tradicional e utilidades educativas que se desenvolverán os días 23 e 30 de abril, en quenda de 10.00 a 12.00 horas, así como os días 6 e 13 de maio, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

A musicoterapeuta, e educadora en igualdade Ana Fernández será a encargada de impartir as sesión presenciais deste obradoiro na Aula de Música de Formación do Profesorado. A inscrición nesta activade socioeducativa é libre  pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 19 de abril través do formulario dispoñible en liña. As prazas son limitadas.

O obradoiro de percusión tradicional é una actividade gratuíta aberta á participación de toda a comunidade universitaria da USC. Estruturado en oito horas, as persoas inscritas poderán abordar da man de Ana Fernández os principais patróns rítmicos típicos da música tradicional galega, xa a través da utilización de instrumentos propios da nosa cultura musical (pandeiretas, pandeiros, tarrañolas…) xa con elementos cotiás (culleres, latas grandes, conchas de vieira, botella de anís...), desde unha perspectiva educativa e de xénero.

Esta actividade servirá asemade para poñer en valor a presenza feminina na tradición musical popular galega e tamén as posibilidades que esta tradición posúe para o ámbito da educación.

 

Programa da actividade
Programa da actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2024.