06.02.2024-22.02.2024

O profesor da Facultade de Filoloxía José Virgilio Trabazo imparte un obradoiro de sánscrito os días 6, 8, 20 e 22 de febreiro de 16.00 a 18.00 horas na aula C11 da Facultade de Filoloxía. Coa organización de este obradoiro o equipo decanal procura darlle continuidade á oferta que iniciou o curso pasado a profesora Manuela Palacios coa impartición dun seminario en torno á lingua e cultura árabe. O obradoiro leva por título Introdución ao sánscrito e ás linguas e culturas da India.